No DOG do 7 de xaneiro de 2020, por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria, foron publicados diversas Ordes de axudas á contratación para diversos colectivos, cun prazo xeral de presentación ata o 30/09/2020.

TR350A – Programa emprega muller de incentivos á contratación por conta allea e a formación de mulleres desempregadas.

Coa finalidade de facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras dos incentivos á súa contratación por conta allea, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á súa convocatoria para o ano 2020.

Entre os diversos requisitos que se esixen, ten que incrementarse o cadro de persoal fixo e/ou neto da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.

Para máis información acceder a

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR350A

TR342A – Programa emprega discapacidade e exclusión.

Esta orde ten por obxecto regular as axudas que favorezan a contratación das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria e, especialmente, daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral.

Entre os diversos requisitos que se esixen , como consecuencia da contratación pola cal se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo e/ou neto da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

Para máis información acceder a

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR342A

TR349R – Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas de longa duración.

Coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á convocatoria dos incentivos á súa contratación por conta allea para o ano 2020.

Entre os diversos requisitos que se esixen, como consecuencia da contratación indefinida inicial pola cal se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo e/ou neto da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.

Para máis información acceder a

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR349R

TR349T – Programa emprega xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas.

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerá, en réxime de concorrencia non competitiva e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o ano 2020, coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

Entre os diversos requisitos que se esixen, como consecuencia da contratación pola cal se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo e neto da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.

Para máis información acceder a

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR349T

 



Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies