SUBVENCIONS PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES EMPRESARIAIS

 

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES EMPRESARIAIS

– NON AGRÍCOLAS –

(MR708A)

PLAZO DE PRESENTACION: HASTA O 28 DE FEBREIRO DE 2025

METODO: CONCURRENCIA COMPETITIVA – (POR PUNTUACION)

BENEFICIARIOS:

    1. As pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2024.
    2. Persoas físicas que residan nunha zona rural.

 

PROXECTOS SUBVENCIONABLES:

a) Adquisición de bens de equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou moderni­zar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguin­tes sectores e ámbitos de actividade:

1º. Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstan­te o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

2º. Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.

Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 100.000 €.

3º. Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos agrícolas e forestais, e das empresas de servizos enerxéticos, así como das empresas que presten servizos nos sectores de hostelaría (incluíndo todo tipo de empre­sas de aloxamento turístico), hostalaría e restauración.

4º. Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con dis­capacidade, granxas escola…).

5º. Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

6º. Artesanía e actividades artesanais.

7º. Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza in­dustrial e veterinaria.

8º. Comercio polo miúdo.

REQUISITOS DOS PROXECTOS SUBVENCIONABLES:

a) Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Para estes efectos, considerarase como inicio do investimento o comezo dos traballos de construción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido dos equipamentos ou outro compro­miso que faga o investimento irreversible e que vincule xuridicamente o solicitante, se esta data é anterior.

b) Que se desenvolvan no territorio de Galicia.

Non obstante o anterior, non serán subvencionables os proxectos que se desenvolvan nas parroquias galegas clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016).

c) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento do pagamento final cumpran os obxec­tivos e funcións para os cales se lles concedeu a axuda.

d) Que se axusten á normativa sectorial que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto, así como ás especificacións indicadas nesta resolución.

e) As persoas solicitantes poderán presentar como máximo un proxecto ao abeiro desta convocatoria.

f) Quedarán excluídos aqueles proxectos que presenten un orzamento elixible inferior a 20.000 € e/ou superior a 250.000 €.

No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 €, respectivamente.

NON SERAN SUBVENCIONABLES:

a) Material funxible en xeral.

b) Envases e embalaxes, aínda cando sexan reutilizables.

c) Maquinaria agrícola e/ou forestal.

d) A reposición ou simple substitución de bens de equipamento existentes, salvo que a nova adquisición supoña unha mellora tecnolóxica ou ambiental que deberá xustificarse na memoria resumo do proxecto (anexo II).

e) Equipamentos de calefacción, climatización e ventilación, así como as instalación que comporten, e, en xeral, os equipamentos e instalacións vinculados coa enerxía xeotérmica, aerotérmica e fotovoltaica.

f) Traídas e acometidas de servizos.

g) Adquisición de bens de equipamento e materiais de segunda man.

h) Adquisición de bens de equipamento destinados ao alugamento.

i) Equipamentos informáticos de oficina e licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática, e software en xeral, agás naqueles casos en que o software sexa necesario para o funcionamento dos equipamentos subvencionados.

j) Deseño e/ou actualización de páxinas web.

k) A compra de vehículos de transporte exterior, de vehículos especiais agrícolas e de obras, e a súa adecuación.

l) Instalacións, mobiliario, útiles e ferramentas.

m) Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai desenvolver a empresa a curto prazo, ou ben dun importe unitario superior ao básico do mercado para unidades ou elementos de igual capacidade.

n) Investimentos non relacionados directamente coa actividade empresarial desenvolvida pola entidade solicitante.

o) Os gastos de alugamento de instalacións e equipamentos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financiero (leasing).

p) A man de obra propia e os materiais de igual procedencia.

q) Adquisición de terreos.

r) As taxas por licenzas administrativas.

s) O imposto sobre o valor engadido (IVE), así como calquera outro imposto.

t) Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.

u) Os xuros debedores.

v) Os conceptos do orzamento sen desagregar tales como «outros» ou partidas a tanto global.

w) Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude da axu­da.

CUANTIA DA AXUDA

A axuda será do 45% dos gastos subvencionables        



Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies